ESTATUTOS DA ASOCIACION
CULTURAL “PEDRA SEIXA”
CAPÍTULO I
DA ASOCIACIÓN EN
XERAL
Artigo
1º.- 1.- Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das
previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do
dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominacion
“ASOCIACION CULTURAL PEDRA SEIXA”.
2.- A asociación rexerase polos ditos estatutos, pola
Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demais lexislación
existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo
2º.- O domicilio
principal e permanente da asociación radicará na localidade de Vigo
rúa de Teixugueiras nº... Portal....C.P.36212 teléfono......,correo electrónio, acpedraseixa@gmail.com
Artigo
3º.- A asociación,
en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social,
exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito
territorial de comunidade autonoma de Galiza
Artigo
4º.- 1.-A
asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá,
conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en
Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na
lexislación vixente.
2.- A asociación rexerase segundo os principios
democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do
ordenamento xurídico.
3.- A sua lingua oficial é o propia de Galiza. O galego
Artigo
5º.- 1.- Son fins
principais da asociación:
a.-Promocción e defensa da Cultura e a Lingua Galega
nas súas diversas manifestacións
b.-Difusión,sensibilización e defensa con respecto a
realidade social,cultural,ecoloxica e etnografica de Galiza.
2.-
Para levar a cabo
os seus fins, poderá a asociación organiza-las seguintes
actividades:
a.-Conferencias,exposicións,charlas,debates,concertos,
publicacións.
b.-Encontros,obradoiros e calquera tipo de expresións
plasticas e audiovisuais
c.-Calquera outro tipo de medio que serva para a
difusión dos obxectivos da asociación.
3.-Os
beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse
exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir
entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con
interese lucrativo.
CAPÍTULO II
DOS
ASOCIADOS
Artigo
6º.
1-
Poderán ser
integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena
capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu
órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación
e que reúnan os seguintes requisitos:
a.-Que
suscriban os fins da asociación e aceiten os presentes estatutos
b.
Que aboen a cota establecida
2.-
Poderán ser integrantes da asociación na súa sección xuvenil
os menores non emancipados de máis de 14 anos co consentimento,
documentalmente acreditado, das persoas que deban suplir a súa
capacidade.
3.-Os
acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta
Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que
desexa ser admitida e será refrendadas poloa Asamblea Xeral.
Artigo
7º.- Dentro da
asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:
- Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.
- Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
- Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.
- Xuvenís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na asociación, que estarán integradas na sección xuvenil, no seu caso.
Artigo
8º.
1.-A
condición de asociado pérdese:
a)
Por vontade propia
b)
Por falta de pago de 4 cotas.
c)
Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións
que prexudiquen gravemente ós intereses da Asociación, previo
expediente d)Por falecemento da persoa física ou extinción da
persoa xurídica.
2.-A
expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b) e
c) do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo
da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser
ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa
resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.
Artigo
9º.- Os asociados
e asociadas teñen os seguintes dereitos:
1.
Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e
representación, exercer o dereito de voto, así como asistir á
Asemblea xeral, de acordo cos estatutos.
2.
Ser informado da composición dos órganos de goberno e
representación da asociación, do seu estado de contas e do
desenvolvemento da súa actividade.
3.
Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias
contra el e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas
medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a
sanción.
4.
Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios
á lei ou ós estatutos.
Os
asociados e asociadas honorarios non intervirán na dirección da
asociación nin nos órganos de representación dela. Os
asociados e asociadas honorarios
están
facultados para asistir ás asembleas xerais con voz, pero sen voto.
Artigo
10º.- Son obrigas
dos asociados e asociadas:
1.
Compartir as finalidades da asociación e colaborar para a súa
consecución.
2.
Pagar as cotas que se establezan.
3.-Desempeñar
os cargos para os que foron elixidos.
4.--Acatar
e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno
e representación da asociación.
4.-
Acatar o contido dos estatutos
CAPÍTULO III
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo
11º.- A dirección
e administración da asociación serán exercidas polo presidente, a
Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
Artigo
12º.
1.-
O president@
da asociación será designad@pola Asemblea Xeral entre os asociad@s
e o seu mandato durará 2 anos. Será asistid@ nas súas funcións
por un vicepresident@, que o substituirá nos casos de vacante,
ausencia ou enfermidade.
2.-
O president@ terá as seguintes atribucións:
- Representar a asociación perante calquera organismo público ou privado.
- Convocar e presidir as sesións que celebre a Xunta Directiva; presidir as sesións da Asemblea Xeral; dirixir as deliberacións dunha e outra, e decidir con voto de calidade, no caso de empate.
- Executar os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
- Ordenar os pagamentos acordados validamente.
- Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
Artigo
13º.
1.-
A Xunta Directiva
estará formada pol@ president@ da asociación, un/ha vicepresident@,
un secretari@, un tesoureir@ e 3 vogais.
2.-
Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de
forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos
gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións
relacionadas coa asociación.
As
persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese
económico nos resultados da actividade levada a cabo pola
asociación.
3.-
A Asemblea Xeral será a competente para elixir os cargos da Xunta
Directiva. A súa duración será por un período de 2 anos, aínda
que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
4.-
Os cargos cesarán na súa función por:
a)
Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
b)
Renuncia voluntaria.
c)
Transcurso do prazo para o que foron elixidos.
d)
Acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3
dos asociados reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada
para tal efecto.
A
renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cesamento
automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de
poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.
As
vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos
membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisoriamente entre os
ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral.
En
calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo
por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario
e tesoureiro.
Artigo
14º.- A Xunta
Directiva terá as seguintes atribucións:
1.
Programar e dirixir as actividades asociativas.
2.
Levar a xestión administrativa e económica da asociación.
3.
Someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de
ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
4.
Convocar e fixar a data da Asemblea Xeral.
5.
Propoñerlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e
extraordinarias para os asociados.
6.
Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen
oportunas para o bo funcionamento da asociación.
7.
Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións
non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.
8.
Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
9.
Propoñer o plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para
a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
10.
Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan.
11.
Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da
asociación.
Artigo
15º.
1.-
A Xunta Directiva
será convocada pol@ secretari@ co visto bó d@ president@, a
iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.
2.-
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser
adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a
concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en
todo caso, d@ president@ ou vicepresident@ e o secretari@ ou persoa
que o substitúa.
O
secretari@ ou, no seu defecto, o vogal que o substitúa, levantará
acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.
Artigo
16º.- Os membros
da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta
acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de
determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións
necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de
asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus
respectivos presidentes.
Artigo
17º.- A Asemblea
Xeral de asociados
e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e
estará formada por tódolos integrantes desta. O president@ e o
secretari@ da asemblea serán o president@ e o secretari@ da Xunta
Directiva.
Artigo
18º.- A Asemblea
Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano,
e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta
Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso
realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado
coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da
convocatoria e a orde do día.
Artigo
19º.- A Asemblea
Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o
meses de Xaneiro ata o finais de Abril .Tanto a Asemblea Ordinaria
como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación
pol@ secretari@ ,co visto bó d@ president@ da Xunta Directiva.
A
notificación farase nos locais da asociación, no blog ou na web ,
para as asembleas ordinarias e no domicilio dos asociados para as
asembleas extraordinarias.
Artigo
20º.- Serán
competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:
- Aprobar o plan de actividades.
- Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.
- Aprobar os presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
- Exame e aprobación das cotas.
- Ratificación da admisión d@s soci@s
- Modificar os estatutos da asociación.
- Elixir e cesa-los integrantes da Xunta Directiva.
- Aprobar a federación con outras asociacións.
- Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
- Acordar a disolución da asociación.
- Designar @s liquidador@s
- Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
- Solicitar declaración de utilidade pública da asociación.
- Aprobar regulamento de réxime interno da asociación.
- As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agarda-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
- Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou a Xunta Directiva.
Artigo
22º. A Asemblea
Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade
máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media
hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes,
pero, en todo caso, coa presenza d@ president@ ou vicepresident@ e o
secretari@ ou persoa que o substitúa.
Artigo
23º.- Os acordos
adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple d@s
asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1
ó 7 do artigo 21º, que requirirán maioría de dous terzos. A
continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinarao o/a
presidente/a, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida
na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola
maioría dos membros presentes.
Artigo
24º.- Os acordos
adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódol@s
asociad@s, incluso @s non asistentes.
As
sesións abriranse cando así o determine @ president@. Seguidamente
procederase por parte d@ secretari@ á lectura da acta da asemblea
anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente,
@ secretari@ procederá a presentar o orde do día. Cada punto será
informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda,
procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos
nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se
trate.
Artigo
25º.- Os acordos
que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación
poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A
partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a
vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.
Artigo
26º.- 1. @
secretari@ recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará
o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a
dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle,
así mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir
certificacións destas co visto e prace d@ president@. @ secretari@
tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro
establecido para este efecto.
2.
Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade d@ secretari@, @
president@ designará entre os vocais a un que desenvolva esta
función.
Artigo
27º.- 1. O
tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á
asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o
presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e
levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o
borrador de orzamentos da asociación así como as contas de
resultados e balances.
2.
O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio
orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean
a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores
á celebración da asemblea ordinaria.
Artigo
28º.- Os vocais
terán as seguintes atribucións:
- Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
- Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
CAPÍTULO IV
RÉXIME
ECONÓMICO
Artigo
29º.- A asociación
no momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de
0 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano
natural.
Artigo
30º.- A asociación
funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas
diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será
elaborado pol@ tesoureir@ da asociación, que deberá telo preparado
antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado
na Asemblea Xeral Ordinaria.
Artigo
31º.- A asociación
manterase dos seguintes recursos:
- As cotas periódicas d@s asocia@s.
- As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
- As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
- Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
- Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo
32º.- A Asemblea
Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as
cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables
en ningún caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da
asociación.
Artigo
33º.- Anualmente,
con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano,
elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será
posta a disposición d@s asociad@s, durante un prazo non inferior a
15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria,
que deberá aprobalas ou censuralas.
Artigo
34º.- Para a
disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades
bancarias será necesaria a sinatura conxunta da president@ e d@
tesoureir@.
Artigo
35º.- Como
entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser
distribuídos entre @s asociad@s
os recursos obtidos pola asociación.
CAPÍTULO V
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Artigo
36º.- O
regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas
materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o
procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o
procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra
do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da
asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.
CAPÍTULO VI
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo
37º.- Os ditos
estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral
Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes
dos asociados presentes. A proposta de convocatoria deberá ir
acompañada do texto das modificacións propostas.
Artigo
38º.- A asociación
disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas
2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada
para tal efecto.
Artigo
39º.- Acordada a
disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres
asociad@s liquidador@s, que xunto @ president@ e @ tesoureir@,
procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas,
cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo
40º.- O haber
resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra
asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña
iguais ou similares fins que os desta asociación.
O
xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións
correspondente para proceder á inscrición da disolución da
asociación
Ningún comentario:
Publicar un comentario