Día internacional das árbores
Roberto López (Membro da directiva A.C. Pedra Seixa) - Navia-Vigo
Sr. Alcalde de Vigo. Dentro de tres semanas
vaise celebrar o día internacional da árbore. En moitos territorios do
país aprovéitase para plantar e facer actividades (talleres,
conferencias) relacionadas co medio ambiente nas que ademáis dos
gobernos participa activamente a sociedade (escolas, asociacións) sendo
un dos seus obxectivos educar ás novas xeracións con principios que
valoren a importancia dos bosques e os respecten. Dende a asociación
cultural Pedra Seixa instamos ó Concello de Vigo que aproveite a data do
21 de marzo para re-plantar na nosa contorna (rúas Teixugueiras,
Lamela, Limpiño, Poza Cabalo, Ufas, Pedra Seixa e as zonas do casco
antiguo de Navia susceptible delo) as árbores necesarias para que
realmente se faga efectiva a frase "agora vivimos nunha cidade fermosa".
Ademáis das rúas das que lle falamos neste escrito lembrámoslle tamén a
obriga que o Concello ten cando recepciona unha urbanización sendo o
promotor o que ten que acondicionar a zona verde e se non o fai será o
concello o que o ten que facer. Daquela instámoslle tamén a que adecente
as zonas verdes entre edificios e a senda verde que desemboca no parque
e aproveite para plantar árbores autóctonos en todas estas zonas así
como no perímetro de todo o polígono que linda coa estrada VG20 e a rúa
de servicio que conecta a zona franca e Citroën. Sería bo que o Sr.
Alcalde de Vigo pase a ser coñecido e recordado pola cantidade de
árbores que prantou en Navia. Aproveitamos a ocasión para solicitarlle
unha reunión para falar de temas que nós consideramos importantes de
Navia, e que seguramente sexa efectiva máis cedo que tarde.
Un cordial saúdo da Asociación Cultural "Pedra Seixa".
Un cordial saúdo da Asociación Cultural "Pedra Seixa".
Carta ao alcade de Vigo publicada na sección de cartas ao director o pasado 07/03/2013 no xornal Faro de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario