domingo, 20 de outubro de 2013

Contacontos en Navia



A Asociación Cultural PedraSeixa invita a tódolos pequechos e pequechas a participar nos contacontos que se van celebrar na libraría Hobbit.

O gato Boris e o Violín

A vinchuca Cuca









xoves, 9 de maio de 2013

LIMPIAMOS AS MALAS HERBAS

O pasado dia 3 de Maio fixemos unha pequena sega para que as nosas árbores poidan crecer sen que sexan comidas polas malas e non tan malas herbas. Estamos moi contentos porque casi todas elas prenderon ( o tomillo e máis un loureiro secaron). Así, cando pasemos por diante podémolas ver sen nengún problema. Deixámosvos unhas cantas fotos do noso traballo baixo unha tarde gloriosa.





















Carta aberta ao Sr. Alcalde de Vigo_Faro de Vigo120513

luns, 1 de abril de 2013

Árbores en Teixugueiras



Sr. Alcalde de Vigo: Estámoslle profundamente agradecidos dende a Asociación Cultural Pedra Seixa que se lembrara do día internacional das árbores e pasara por Navia, exactamente pola rúa Teixugueiras, a prantar árbores. Según din os medios foron 60, pero temos que lembrarlle que hai moitos tramos da rúa Teixugueiras que todavía non os teñen, concretamente na beirarrua do número 7, do 13 e do 24 así como dos ocos sen árbores que hai no parque, sendo dun total de 16 e da nula atención da rúa Lamela, Limpiño, Poza Cabalo, Ufas e Pedra Seixa.

Quixera aproveitar para contarlle que nós tamén celebramos o día internacional das árbores (inda que pensamos que xa tivo coñecemento del) cun acto prantando 2 carballos, 2 castaños, 3 abilleiras, 4 loureiros, 1 ameixeira, 1 nogueira, 1 nespereiro e 3 camelios, romero e bulbos de prantas ornamentais. Sí señor alcalde, fixémolo os veciños da rúa Teixugueiras, os pais e os fillos nunha zona que vostede quere habilitar para aparcar coches. Decirlle tamén que estaremos pendentes para que estas árbores vaian para arriba, e do mesmo xeito que viñeron a prantar as árbores o día 21, non se esqueza de enviar ós operarios para que limpen as zonas verdes entre edificios e as sendas verdes que rematarían no parque, xa que polo que parece neste ano estas zonas seguirán quedando sen as tan ansiadas árbores e adecentameno integral.

Xa por último decirlle que non chegamos tarde ás propostas que lle fixemos chegar, tal e como dixo nun programa dunha tv local de Vigo o pasado 14 de marzo, posto que moito do que lle pedimos por carta, xa hai tempo (anos) que a A.V. máis antiga desta parroquia xa llo reclamou por escrito e rexistro.
Estamos ansiosos de coñecer o plan que vostede ten reservado para a nosa zona, os veciños estaríamos encantados de coñecelo de primeira man, antes de que vostede o publicite nos medios.
Un cordial saúdo e lembrámoslle que seguimos esperando a data da xuntanza, xa solicitada, para falar con vostede de temas que nos interesan.

Roberto López. Asociación Cultural Pedra Seixa.

Carta ao director publicada polo Faro de Vigo o pasado 01.04.2013

http://www.farodevigo.es/cartas/2013/04/01/arbores-teixugueiras/783285.html

sábado, 23 de marzo de 2013

Éxito na primeira actividade da Asociación Cultural Pedra Seixa


O pasado sábado 16 de marzo a Asociación Cultural Pedra Seixa, fixo a súa primeira actividade no barrio, unha plantación lúdica-reivindicativa, no espazo existente entre os números 10 e 12 da rúa As Teixugueiras.

A pesar de ergérmonos ese día con choiva, contra as 11:00 hs o deus da auga deunos unha pequena tregua que nos permitiu facer a plantación sen ter que sacar o paraugas e que finalmente se achegasen moitos veciños e veciñas cos seus cativos para axudar, participar e colaborar.

Cando nos quixemos dar conta tiñamos un auténtico "exército" de pequenos colaboradores dispostos a enlamarse até o pescozo para axudar a plantar os carballos, camelios, castiñeiros e laureiros que agardaban con impaciencia poder enterrar as suas raíces no barrio de Navia. 

Un auténtico día de festa, no que se mesturou natureza e música (moitas grazas aos gaiteir@s: Alberto, Javi, Motse e aos Swaroskys, que amenizaron a mañá dun xeito fantástico) e no que puidemos comprobar que o interese por manter, coidar e adecentar as zonas verdes do barrio é un sentir maioritario. Contra o que dí o Sr. alcalde, parece claro que os veciños prefiren zonas verde a zonas de aparcamento.

Dende a asociación queremos agradecer e felicitar a todos os que participaron, e aos que non animalos a participar en vindeiras actividades.

Para os que desexedes participar, colaborar ou simplemente recibir información de vindeiras actividades podedes enviarnos un email a: acpedraseixa@gmail.com

Deixámosvos un pequeno resumo fotográfico do que foi o día.