xoves, 21 de marzo de 2013

Carta ao alcalde de Vigo

Sr. Alcalde de Vigo, 

Dentro de tres semanas vaise celebrar o día internacional da árbore. En moitos territorios do país aprovéitase para plantar e facer actividades (talleres, conferencias?) relacionadas co medio ambiente nas que ademáis dos gobernos participa activamente a sociedade (escolas, asociacións?) sendo un dos seus obxectivos educar ás novas xeracións con principios que valoren a importancia dos bosques e os respecten. Dende a asociación cultural Pedra Seixa, instamos ó Concello de Vigo que aproveite a data do 21 de marzo para re-plantar na nosa contorna (rúas Teixugueiras, Lamela, Limpiño, Poza Cabalo, Ufas, Pedra Seixa e as zonas do casco antiguo de Navia susceptible delo) as árbores necesarias para que realmente se faga efectiva a frase 'agora vivimos nunha cidade fermosa'. Ademáis das rúas das que lle falamos neste escrito lembrámoslle tamén a obriga que o Concello ten cando recepciona unha urbanización sendo o promotor o que ten que acondicionar a zona verde e se non o fai será o concello o que o ten que facer. Daquela instámoslle tamén a que adecente as zonas verdes entre edificios e a senda verde que desemboca no parque e aproveite para plantar árbores autóctonas en todas estas zonas así como no perímetro de todo o polígono que linda coa estrada VG20 e a rúa de servicio que conecta a zona franca e Citroën. Sería bo que o Sr. Alcalde de Vigo pase a ser coñecido e recordado pola cantidade de árbores que prantou en Navia. Aproveitamos a ocasión para solicitarlle unha reunión para falar de temas que nós consideramos importantes de Navia, e que seguramente sexa efectiva máis cedo que tarde. Un cordial saúdo da Asociación Cultural 'Pedra Seixa'

Roberto López (Vigo)

Cara ao alcalde de Vigo publicada no Atlántico Diario o 06/03/2013

http://www.atlantico.net/noticia/233082/internacional/arbores/

Ningún comentario:

Publicar un comentario