luns, 11 de marzo de 2013

Carta ao alcalde de Vigo

Día internacional das árbores

Roberto López (Membro da directiva A.C. Pedra Seixa) - Navia-Vigo

Sr. Alcalde de Vigo. Dentro de tres semanas vaise celebrar o día internacional da árbore. En moitos territorios do país aprovéitase para plantar e facer actividades (talleres, conferencias) relacionadas co medio ambiente nas que ademáis dos gobernos participa activamente a sociedade (escolas, asociacións) sendo un dos seus obxectivos educar ás novas xeracións con principios que valoren a importancia dos bosques e os respecten. Dende a asociación cultural Pedra Seixa instamos ó Concello de Vigo que aproveite a data do 21 de marzo para re-plantar na nosa contorna (rúas Teixugueiras, Lamela, Limpiño, Poza Cabalo, Ufas, Pedra Seixa e as zonas do casco antiguo de Navia susceptible delo) as árbores necesarias para que realmente se faga efectiva a frase "agora vivimos nunha cidade fermosa". Ademáis das rúas das que lle falamos neste escrito lembrámoslle tamén a obriga que o Concello ten cando recepciona unha urbanización sendo o promotor o que ten que acondicionar a zona verde e se non o fai será o concello o que o ten que facer. Daquela instámoslle tamén a que adecente as zonas verdes entre edificios e a senda verde que desemboca no parque e aproveite para plantar árbores autóctonos en todas estas zonas así como no perímetro de todo o polígono que linda coa estrada VG20 e a rúa de servicio que conecta a zona franca e Citroën. Sería bo que o Sr. Alcalde de Vigo pase a ser coñecido e recordado pola cantidade de árbores que prantou en Navia. Aproveitamos a ocasión para solicitarlle unha reunión para falar de temas que nós consideramos importantes de Navia, e que seguramente sexa efectiva máis cedo que tarde.
Un cordial saúdo da Asociación Cultural "Pedra Seixa".

Carta ao alcade de Vigo publicada na sección de cartas ao director o pasado 07/03/2013 no xornal Faro de Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario